
Oficialmente Ribadeo creou o seu primeiro equipo en 1913, co nome de Club Deportivo Ribadense. A súa primeira xunta directiva integrábana don Ramon Bustelo Gonzalez, como presidente de honra; don Amando Suarez Couto, presidente executivo, e en calidade de vogais figuraban don Xusto de Iribarren e Veiga e don Francisco Martinez Gonzalez.
O primeiro partido do Club Deportivo Ribadense tivo lugar o 17 de agosto do citado ano 1913 e o rival foi o Sport Club de Luarca, equipo leste que se impuxo ao de Ribadeo polo tenteo de 3-2.
Andando o tempo o Club Deportivo Ribadense pasou a chamarse Ribadeo F. C. ; mais tarde tivo como denominacion a de Sporting club Ribadeo e despois volveu recuperar o titulo que ostenta actualmente, Ribadeo F.C.
O maior logro do Ribadeo FC é a organización desde o ano 1952 (que o converte no Vicedecano despois do Teresa Herrera, 1946) do prestixioso Torneo estival Emma Cuervo, organizado polo presidente naqueles anos Don José Barreira. Actualmente devandito torneo segue co mesmo vigor e impulso das mans da directiva que preside Don José Pulpeiro Doval.
1 comentario:
El mejor club del mundo.
Publicar un comentario